Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: decembro, 2018

3/12 Día Internacional das Persoas con Discapacidade

TEXTO TOMADO DE:  http://www.un.org/es/events/disabilitiesday/ O que significa ser discapacitado: A discapacidade é unha condición que afecta o nivel de vida dun individuo ou dun grupo. O termo úsase para definir unha deficiencia física ou mental, como a discapacidade sensorial, cognitiva ou intelectual, a enfermidade mental ou varios tipos de enfermidades crónicas. As persoas con discapacidade, a "minoría máis ampla do mundo", adoitan ter menos oportunidades económicas, peor acceso á educación e taxas de pobreza máis altas. Iso débese principalmente á falta de servizos que lles poidan facilitar a vida (como acceso á información ou ao transporte) e porque teñen menos recursos para defender os seus dereitos. A estes obstáculos cotiáns súmanse a discriminación social e a falta de lexislación adecuada para protexer aos discapacitados. As persoas con discapacidade son máis a miúdo vítimas da violencia: os nenos discapacitados teñen catro veces máis posibilidades de...